Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP volverá gobernar Redondela logo da decisión de AER de non apoiar a investidura de Reguera

RR_Noticias

Logo de días de espera xa se desvelou finalmente que Javier Bas volverá repetir na alcaldía de Redondela como cabeza de lista da forza máis votada. A decisión de AER de non apoiar a investidura do candidato socialista Eduardo Reguera, permitirá ao PP seguir na alcaldía en minoría con nove concelleiros. Na oposición estáran PSOE, AER, BNG e Redondela Pode.

A pelota estaba en mans dos catro concelleiros da Agrupación de Electores, cuxo apoio era imprescindible para que se producirá un cambio de goberno no noso concello. O candidato socialista Eduardo Reguera precisaba necesariamente do apoio de AER para poder facerse coa alcaldía, xa que os seis concelleiros cos que conta o PSOE mais os representantes de BNG e Redondela Pode (un concelleiro cada un) non son suficientes para desbancar do goberno ao PP, que logo das eleccións do pasado 24 de maio conta con nove edís.
As reunións sucedéronse nos últimos días, pero as conversas entre AER e PSOE non fructificaron nun posible acordo de cara a investir a Reguera como alcalde. Dende a Agrupación de Electores repiten así o guión de catro anos atrás cando o seu voto tamén era decisivo de cara a decidir a gobernabilidade en Redondela.
Os membros de AER anunciaron en campaña que non entrarían en ningún goberno de coalición pero era una incógnita saber cal sería a súa postura de repetirse a situación de catro anos atrás. Logo de varias reunións xa está confirmado que o seu voto non promoverá un cambio de goberno.
Con esta decisión, os nove concelleiros do PP gobernarán en minoría fronte aos 6 do PSOE, os catro de AER, e os representantes de BNG e Redondela Pode, cun edil cada un.

Nun comunicado que veñen de facer público AER argumenta a súa decisión alegando que “despois de escoitar aos diferentes grupos, os dous partidos maioritarios comprometéronse a levar adiante os puntos mais importantes do noso programa. A nós despois de 4 anos convivindo con eles, e vendo como rexeitaron moitas das nosas propostas, non nos teñen demostrado confianza; non nos fiamos de uns nin de outros, e consideramos que a única forma de levar adiante o noso programa sería xestionalo nós dende o goberno. En consecuencia, decidimos que na investidura imos votar por nós mesmos, e seguiremos traballando na defensa do noso programa”.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará