Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ruta de sendeirismo con saída na Praia da Punta en Cesantes

RR_Noticias

A actividade, desenvolvida por Faia Educación Ambiental, realizarase o sábado 23 de maio cun percorrido que terá o seu inicio e remate na praia da Punta. Esta Ruta norte, cuxa lonxitude aproximada é de 7 km e de dificultade baixa, percorrerá parte das parroquias de Cesantes, Soutoxuste e O Viso. As persoas participantes camiñarán arredor da enseada e achegaranse ao Alto da Cabaleira a través de carreiros, sendas e treitos do Camiño Portugués. Os intereses principais deste percorrido son ecolóxicos, histórico-culturais e paisaxísticos.

A ruta comezará ás 10.00 h e está recomendada para maiores de 10 anos. Recoméndase estar no punto de partida quince minutos antes, con roupa e calzado cómodo e axeitado. A hora aproximada de remate será ás 13.30 h.
Para participar cómpre inscribirse, ata a véspera da actividade, a través do correo electrónico info@faia.gl ou do teléfono 686 99 87 06. O límite de persoas para cada grupo é de 50. A inscrición é de balde
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará