Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Jazz cubano de Alejandro Vargas e cine francés no Multiusos

RR_Noticias

Cine e música para unha fin de semana electoral. Hoxe venres proxéctase a aclamada película francesa “Meu deus, pero que che fixemos?” ás 21.00 h con etrada a 3 euros. O sábado 23 a Rede de Músicas Soltas achega a Redondela a música de Alejandro Vargas cun concerto que se poderá ver ás 21:00 horas no Multiusos da Xunqueira. O prezo da entrada é de 4 € e pódese retirar no propio multiusos a partir de mañá xoves.

Vargas está considerado en Cuba como o renovador do jazz con raíz cubana e ofrecerá un concerto que presentará un repertorio sobre as miniaturas musicais de Eugenio Granell. Estará acompañado de Carlos Freire na batería e José Manuel Díaz no contrabaixo
Vargas é un reputado mestre de jazz que, co seu grupo acadou en tres ocasións o maior premio de Cuba nese estilo musical. Con esa formación viaxou por América Latina, onde deu concertos nos maiores festivais do Brasil, Ecuador… e Europa, onde tocou en Francia, Suíza, Noruega…  
Vive en Galiza desde 2009, tras formar parte do proxecto cubano-galego Descarga ao vivo. Aquí ten composto, arranxado e participado en diversos proxectos musicais entre o que destaca as Miniaturas Musicais de Granell, Premio Especial Cubadisco en 2013 e que presentará este sábado en Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará