Hoxe é Mércores 6 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Seso Durán: “A sociedade ten que asumir que o normal é a diversidade”

RR_Noticias

Profesor e pai dun neno con autismo participa este sábado dunha charla que organiza a Asociación Andaina e que se vai desenvolver no local social da asociación na rúa Telmo Bernárdez ás 18:00 horas. Xunto coa súa muller, a tamén profesora Olga Lalín falarán de cómo afrontar o autismo con creatividade.

Unha interesante charla que está orientadas a familiares de nenos con diversidade funcional, a profesionais e a todas as persoas interesadas. Olga Lalín e Seso Durán amosarán o proceso ao que tiveron que enfrontarse dende o momento no que se decataron de que ao seu fillo lle pasaba algo ata que tiveron o diagnóstico. De cómo asumir esa situación, que supón toda un shock para as familias e como abordar o proceso “que non é doado”. Dende o seu blog “Alto, alto como una montaña” creado en colaboración co terapeuta do seu fillo Manuel, Esther Medraño traballan tamén para que “a sociedade asuma que o normal é a diversidade”. O seu obxectivo é axudar a todas a familias que teñen un neno con esta patoloxía e loitar tamén contra os clichés e as ideas preconcibidas “que todos tempos cando se fala do autismo” así como divulgar as estratexias existentes para tratar aos que o padecen “xa que a día de hoxe non existe ningún tratamento farmacolóxico e hai que traballar por outras vías”. A actividade está organiza pola asociación andaina, un colectivo que ven de asinar un convenio con La Caixa por valor de 3.000 euros que lles permite continuar coa súa labor de apoio a familias e nenos con necesidades especiais. A asociación atende en Redondela a unha veintena de nenos con diversidade funcional, unha atención que poden financiar grazas a diferentes colaboración como a que veñen de recibir por terceiro ano consecutivos da Fundación La Caixa.  

Seso Durán ponente do acto de Andaina
Unha charla orientada a pais nais profesores e tamén os que queiran saber máis do autismo
Desterrar ideas preconcibidas
Divulgar tamén as estratexias de tratamento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará