Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Arealonga F.S. agarda máis de 1.400 xogadores no XII Torneo de Chapela

RR_Noticias

O club redondelán organiza do 18 ao 28 de xuño este clásico do fútbol sala que xa é un referente en toda a provincia. O campionato dispútase no pavillón de Chapela en todas as categorías. O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de xuño para as categorías base e ata o 13 de xuño para os sénior.

Iván Vázquez, presidente do club, explica que se trata dun torneo “moi especial” porque toda a parroquia participa e se implica na súa organización. Mostra do seu éxito é a cantidade de equipos que participan, máis de 120 nas edicións anteriores, chegando algúns anos a sumar 139 conxuntos.Os equipos que queiran participar no torneo poden informarse e facer a súa inscrición no teléfono 662.111.339. Será unha festa do fútbol sala para todos os equipos que rematan xa a temporada. O equipo de Chapela faio cos obxectivos cumpridos, logo de acadar a permanencia na Liga Galega Norte. Na próxima temporada confían en participar na territorial Sur, tal como se comprometeu a Federación Galega de Fútbol Sala se mantiñan a categoría. Pero os éxitos non foron só do equipo sénior masculino. O equipo feminino disputou a copa provincial e o infantil proclamouse campión da copa local. O club, que non deixa de medrar, conta xa con máis de 100 xogadores en todas as categorías.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará