Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pilar Martínez, pediatra: “Considero un erro ir a Portugal a pola vacina do meningococo B”

RR_Noticias

Pais e nais acoden ao pediatra preocupados ante a polémica sobre a non dispensación da vacina contra o menigococo B, a bacteria que provoca 8 de cada dez casos de meninxite. Unha enfermidade moi pouco frecuente pero con consecuencias en moitos casos fatais. Dende a súa consulta a médico pediatra Pilar Martínez denuncia a falta de información por parte do Ministerio “xa que en ningún caso se nos comunicou o motivo polo cal a vacina non se está a dispensar nas farmacias españolas”. En todo caso, desanima aos pais a ir a Portugal a por este medicamento e confía en que o goberno recúe e o inclúa no calendario.

Insiste en que acudir a outro país a por un medicamento non debe ser un opción por moitos motivos. Por exemplo que se rompa a cadea do frío “os pais non o saben pero a vacina perde todo o seu efecto se supera determinados graos pero tamén si se arrefría demasiado, co cal o neno malia recibir a inxección non estaría inmunizado”. Lembra ademais que os pediatras teñen terminantemente prohibido poñer aos nenos un medicamento que proceda de fóra da consulta e que esa vacina non quedaría reflectida no seu historial médico. Martínez apunta a intereses escuros a polémica creada en torno a esta cuestións “hai outras enfermidades máis comúns e igual de graves que están a recibir o mesmo tratamento que esta, é dicir, a súa prescrición está restrinxida a uso hospitalario e o debate non está na rúa nin nos medios de comunicación”. De feito, apunta a que poderían ser as clínicas privadas as que están detrás desta cuestión “sabemos de médicos que van a Portugal con neveiras e traen ducias de vacinas para logo ofrecelas aos pais nas clínicas privadas”. Entende ademais que a solución non é que se comece a dispensar nas farmacias “o cal crearía tamén diferenzas entre aquelas persoas que poden pagala e os que non teñen esa posibilidade  xa que o seu prezo supera os cen euros” e confía en que o Ministerio acabe incluíndoa no calendario de vacinación.    

Pilar Martínez pediatra
O seu consello é non ir a Portugal nin adquirir a vacina noutro pais
Nenos non inmunizados
Un mal transporte pode facer que a vacina non serva para nada
Calendario
Entende que o Ministerio acabará incluíndoa no calendario de vacinación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará