Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os traballadores de Urbaser explican aos veciños os motivos da folga do lixo

RR_Noticias

A folga na recollida do lixo podería arrancar o vindeiro luns día 18 se empresa e traballadores non chegan a un cordo que desbloquee as negociacións. Os traballadores celebran esta tarde unha asemblea informativa ás 18:30 horas ás portas do concello para  explicar os motivos que os levan a convocar esta protesta. Aseguran que as súas demandas son xustas e pasan por acadar coa dirección de Urbaser “un acordo de mínimos”. Lamentan a negativa do goberno local a mediar no conflito.

Os traballadores critican a decisión do goberno local e do propio alcalde Javier Bas de rexeitar a súa petición de mediar no conflito e presionar a empresa a que sente a negociar. O delegado sindical Alberto Covelo explica que dende a alcaldía alegan “non ter potestade para mediar nun conflito que compete a empresa e traballadores”. Iso foi segundo explica Covelo a resposta recibida logo de presentar por rexistro unha petición na que solicitaba ao alcalde que mediase e estivese presente nunha mesa de negociación entre ambas as dúas partes.
Covelo reitera a súa petición por entender  que se trata dun servizo privatizado no que o alcalde “ten potestade e responsabilidade” tendo en conta que é administración local quen debe garantir o servizo de recollida do lixo no concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará