Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Proxección de O ouro do tempo no Multiusos

RR_Noticias

O ciclo de proxeccións do programa Cinemas de Galicia promovido pola AGADIC, continúa este venres 15 de maio, ás 21.00 h, no auditorio da Xunqueira, coa proxección do filme galego “O ouro do tempo” de Xavier Bermúdez, protagonizado por Ernesto Chao, Nerea Barros, Manuel Cortés e Marta Larralde. O prezo da entrada é de 3 euros.

A película ambiéntase na actualidade e conta a vida cotiá de Alfredo, un médico retirado que vive nunha casa rural no interior de Galicia, na que esporadicamente recibe a  visita do seu fillo. Cada mañá levántase e controla de maneira metódica o invernadoiro e o aparello que deseñou para gardar o corpo crioxenizado da súa muller quen faleceu a finais dos anos 60. Por razóns de idade, Alfredo vese obrigado a contratar os servizos dunha nova enfermeira cuxa compañía cambiará a perspectiva da súa vida.
A película, do ano 2013, acadou numerosos premios e recoñecementos en festivais de cine europeos, coma o e Premio Especial “Love is Folly” en Varna (Romanía, 2013) ou o premio á mellor actriz para Nerea Barros no Festival Int. de Durres  (Albania, 2014).
O filme exhíbese en lingua galega e está recomendado para maiores de 12 anos.  O prezo das entradas é 3 €.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará