Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Igualdade ensina aos mozos a compartir as tarefas cotiás

RR_Noticias

A Concellería de Servizos Sociais pon en marcha o programa “Nós tamén facemos” dirixido a menores con idades comprendidas entre os 4 e 14 anos e no que os participantes aprenderán tarefas básicas de cociña e limpeza. O obxectivo é transmitir a importancia de participar e comprometerse coas tarefas familiares e domésticas para manter relacións respectuosas que favorezan a convivencia e o benestar da familia así como garantir a conciliación e a igualdade entre mulleres e homes dende idades temperás.

O Programa consiste no desenvolvemento nos colectivos de mulleres existentes no concello de Redondela de talleres de carácter práctico nos que se realicen tarefas básicas de cociña como pelado de patacas, lavado e preparado de comida, preparación de comida sinxela (tortilla francesa, pizza, sándwich…) e de limpeza como colocación e recollida da mesa, lavado e garda de louza, limpeza de espellos ou po…, entre outras.
Os talleres comezarán esta mesma semana nos centros culturais de Cidadelle, Miñoteira e Negros, estando pendente de inicio noutras parroquias.
Este Programa está encadrado na Campaña municipal Eu tamén fago iniciada a principios deste ano coa distribución de mandís á veciñanza redondelá, cuxo obxectivo é achegar e sensibilizar á cidadanía da importancia de compartir as responsablidades.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará