Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O grupo folk Tanto Nos Ten actúa no festival Ventofolk na Miñoteira

RR_Noticias

A Asociación xuvenil Ventorock organiza por segunda no consecutivo unha xornada de convivencia na parroquia de Ventosela que se desenvolverá o domingo día 17 na área recreativa da Miñoteira e no que se inclúen xogos e xantares populares así como obradoiros para os nenos. A xornada rematará coa actuación dos grupos Licor de Gaita e Tanto Nos Ten (TNT).

A Asociación Xuvenil organizadora desta actividade centra os seus maiores esforzos na celebración do ventorock no mes de outubro, pero o ano pasado decidiron poñer en marcha tamén este festival do Ventofolk, unha xornada de convivencia con actividades para todas as idades e todos os público que terá lugar a partir das doce do mediodía do vindeiro domingo na área recreativa da Miñoteira en Ventosela. Un campionato de chave é primeira das citas previstas e a continuación darase paso ao xantar popular. Os asistentes poderán degustar polbo e churrasco ou se o prefiren levar a súa propia comida Pola tarde, en colaboración con Senghasoil organizan obradoiros para os nenos e a partir das sete será a quenda da música. O primeiro en actuar será Vento e o seu acordeón quen coa súa música fará unha homenaxe a Xosé Filgueira Valverde. A partir das 20:00 horas actuación de Licor de Gaita e o grupo TNT, Tanto nos ten. Dende a organización convidan a todos os veciños a achegarse e celebrar así o día das letras galegas.  

Marta García Torrado Ventofolk
Fálanos do programa do domingo
Animan aos veciños a participar
Unha actividade aberta a todo o que queira achegarse

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará