Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música co Coro Rías Baixas e ofrenda floral para conmemorar o Día das Letras Galegas

RR_Noticias

O domingo 17 de maio ás 12.00 h, nos Xardíns da Alameda terá lugar un acto institucional e ofrenda floral diante da estatua de Daniel Castelao e media hora despois está previsto un concerto no auditorio da Xunqueira a cargo do Coro Rías Baixas, dirixido por Bruno Díaz, cun repertorio de música galega centrado en composicións do músico ponteareán Rogelio Groba, entre as que se inclúe a cantata “Anxos de Compostela”, sobre textos de Filgueira Valverde.

Unhas actividades organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística e a Concellería de Cultura para conmemorar una xornada dedicada este ano ao escritor e hisotriador pontevedrés Xosé Filgueira Valverde. O mes das letras continuará continúa o mércores 20 ás 20.30 h, na Casa da Cultura cun relatorio de Henrique Monteagudo, profesor da USC e secretario da RAG baixo o título “O trobador Johan Soarez Somesso, señor de Chapela (1200-1250)”. Xa no mes de xuño entre os días 11e 30 a sala de exposición I do multiusos da Xunqueira acollerá a exposición, patrocinada pola Deputación de Pontevedra, “Xosé Filgueira Valverde. Un faro na construción de Galicia”. Poderá visitarse no horario de apertura habitual da instalación, de 9.00 a 14.00 h e de 16.30 a 21.30 h. Con esta programación preténdese achegar a obra e a figura de Filgueira Valverde.  

Eva García Rei Normalización Lingüística
Día das letras

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará