Hoxe é Sábado 16 de Outubro de 2021
History
Stations
NOTHING FOUND!

Aberto o prazo de inscrición para participar nos campamentos de verán de San Simón

RR_Noticias

Unha actividade organizada polo Concello e impartida pola empresa de tempo libre Koremi que se vai desenvolver nos meses de xuño e agosto. Na primeira quenda do 23 ao 28 de xuño poderán participar nenos de idades comprendidas entre o 8 e os 12 anos. A segunda quenda, do 3 ao 8 de agosto, está orientada a rapaces de 12 a 16 anos. O prezo do campamento é de 170 euros para os empadroados en Redondela, 210 os que non o estean.

Durante a semana de estancia na Illa, os participantes desenvolverán actividades náuticas como Kayac, paddle surf e banana, obradoiros artesanais, veladas e gymkhanas. O prezo do campamento inclúe o programa de actividades así como aloxamento e comidas.
O prazo de inscrición comezou o pasado 11 de maio e estará aberto ata o día 17 de xuño. Os interesados poden informarse no concello de Redondela no teléfono 986 400300 ou a través da páxina web www.koremi.es
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *