Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Méndez Ferrín reúnese cos estudantes de Redondela

RR_Noticias

O escritor e político Xosé Luís Méndez Ferrín participa mañá xoves ás 12:00 horas no Multiusos da Xunqueira nun encontro organizado pola Asemblea Redondelá de estudantes (ARDE). Unha charla que pretende ser un xeito de achegarse a vida e obra do escritor pero tamén compartir e analizar a situación educativa actual e as amezas que se cernen sobre o sistema educativo.

Dende ARDE explican que como colectivo estudantil buscan traballar por unha educación mellor para os estudantes de Redondela por defender o ensino público con mobilización pero tamén “fomentar un aprendizaxe real, en base ao enriquecemento persoal e a experiencia, coa organización de actos que nos enriquezan e nos formen”.
Con ese obxectivo organizan este acto que se celebrará o xoves ás 12:00 no Multiusos e que contará coa presenza de Xosé Luís Méndez Ferrín.
Neste acto, ademais de “compartir a súa vida e obra falarase tamén da situación educativa actual e de como esta se ve ameazada, de como, lonxe de ter un ensino público de calidade galego e en galego, aínda por riba o estamos cada vez máis coas constantes ataques en forma de reformas antipopulares e reaccionarias que se intentan introducir na nosa educación”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará