Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Chapela esixen información da ampliación da AP-9 e solucións para os afectados

RR_Noticias

Algúns dos que van ser expropiados aínda non foron informados da data na que deberán deixar a súa vivenda, nin da cantidade económica coa que serán compensados. Circunstancia que se agrava no caso dun negocio de hostalaría que será derribado e que é “o medio de vida” dos seus propietarios. Aínda agardan unha resposta ás alegacións que presentaron.

As obras xa comezaron, e varias vivendas foron derribadas en Rande e Chapela, despois de indemnizar aos seus propietarios. Pero outros seguen sen ter noticias. É o caso de Jose Luis, propietario do Bar A Dorna, en Chapela, desde hai quince anos. Este negocio, próximo á Igrexa de Chapela, é “o medio de vida” da súa familia. En outubro de 2014 recibiu unha carta do Ministerio de Fomento para informalo de que a súa propiedade estaba afectada polas obras de ampliación. Derrubarán tanto a súa vivenda como o seu establecemento, situado no baixo. Este veciño lamenta que desde o Concello de Redondela non llo notificaran antes, xa que a administración local contaba con planos do proxecto desde o ano 2011, onde a súa propiedade xa figuraba como afectada. Os veciños denuncian a falta de información, e critican que nin sequera os técnicos de Audasa saben como se van executar os traballos nalgúns casos. Como en Rande, onde aínda negocian coa propietaria dunha vivenda que podería ser derrubada “por completo, ou só en parte”. Nieves non entende este xeito de preceder, nin tampouco a utilidade desta obra, que supón “moitos prexuízos para os veciños e ningunha vantaxe”. Os veciños advirten desde hai anos que a ampliación cun carril máis no tramo de Chapela non dará solución aos problemas de mobilidade, xa que no acceso a Vigo volve reducirse, o que provocará “máis colapso” na entrada da cidade.  

José Luis hosteleiro afectado
Coa ampliación da AP-9 derrubarán a súa vivenda e o seu negocio e demanda unha solución por parte de Fomento.
Nieves veciña
Lamenta que os técnicos non informen aos propietarios dos detalles das obras.
Unha ampliación inútil
Nieves entende que os prexuízos da ampliación son inútiles ao volver a estreitarse a autoestrada na entrada de Vigo.
Prexuízos para Chapela
Tomás lamenta que a parroquia sexa a gran damnificada das infraestruturas que benefician a Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará