Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Clemente Bastos: “A enseada necesita un plan de recuperación para garantir o futuro do Choco”

RR_Noticias

Nesta fin de semana celébrase a XXIX edición da Festa do Choco na que se servirá, en palabras do patrón maior da confraría de Cesantes “o mellor choco do mundo”. Un produto que conta con distintivo de calidade desde hai dous anos e cuxas características o converten nunha delicatessen pero cuxo futuro depende en gran medida de que se acometan medidas para garantir a recuperacións da enseada.

Clemente Bastos explica que este ano a campaña está a ser mellor que na edición anterior “principalmente porque as condicións meteorolóxicas foron mellores, cunha menos intensidade de precipitacións”. Isto fai que a estas alturas da campaña se teña incrementado nun 50% as capturas “o ano pasado roldaban as 10 toneladas e este ano estamos en 15”. Con todo, insiste en que o futuro da especie non está asegurado debido a man do home e a contaminación que afecta á enseada de San Simón e demanda dos políticos que se impliquen para acometer plans de actuación que garantan a pervivencia tanto do choco como do resto de mariscos e peixes que se capturan na ría. Na fin de semana celébrase a exaltación do choco en Redondela coa degustación do produto que se servirá na carpa restaurante instalada no campo da feira e que abrirá as súas portas ás doce do mediodía de mañá par dar paso ás 12:30 ao xa tradicional concurso Gastronómico. Pola tarde ás 18:00 h. actuación da Banda de Música e as 20:00 h. demostración de cociña con Iñaki Bretal.  Dous días de festa nos que se servirá exclusivamente choco de Redondela.O domingo as actividades arrancarán as 10.30 horas con alboradas a cargo da Banda de música de Chapela. Á mesma hora poderase ver unha exposición de choens antigos. Xa as 12:30 está prevista a lectura do pregón a cargo da actriz e presentadora Teté Delgado. Ás 18:00 h. actuará a charanga Vai de baile e as festaras rematarán coa tradicional verbena a partir das 21:00h.  

Clemente Bastos patrón maior
Un futuro incerto
Campaña de choco
Este ano melloraron as capturas
Choco de Redondela
Todo o choco vendido na carpa conta co distintivo de calidade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará