Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mar Núñez “Redondela Pode negociará cos partidos de esquerda para botar ao PP”

RR_Noticias

Redondela Pode defínese como unha candidatura de ámbito local formada por activistas de diferentes movementos sociais e cidadáns que deciden presentarse ás eleccións por entender que ningunha das formacións xa existentes recollen o espírito do 15-M. Entende que o prioritario é desaloxar ao PP da alcaldía e recuperar “políticas que dean prioridade a creación de emprego e a atención das persoas con maiores necesidades”.

Unha moza de tan só 19 anos, Raquel Quintáns é a cabeza de lista de Redondela Pode unha formación que días atrás asinaba o seu código deontolóxico no que recollen diferentes compromisos como a rotatividade cada dous anos dos cargos representativos, o límite salarial de concelleiros e alcaldes, a transparencia nas finanzas do partido e do propio concello e a posta a disposición dos cidadáns de mecanismos de democracia directa para que poidan tomar decisións vinculantes durante o período de lexislatura. O seu obxectivo é acadar representación e favorecer así un cambio de goberno en palabras da número catro da lista María Del mar Núñez quen afirma que “estamos dispostos a sentarnos a negociar cos partidos de esquerda para botar ao PP da alcaldía”. Un goberno popular que entende foi nefasto para Redondela porque se esqueceu dos máis favorecidos. Entende así que é necesario recuperar políticas sociais encamiñadas a atender aos máis necesitados e mellorar os empregos que se crean en Redondela. Nese sentido apuntan a necesidade de aplicar políticas de emprego que non malgasten os cartos “en cursos de formación que non serven para nada”.  

Mar Núñez Redondela Pode
Pactos post-electorais
Políticas sociais
Emprego e servizos sociais serían os eixos do seu programa
Basilio Lago Redondela Pode
Unha agrupación cidadá

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará