Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Desembarco de autobuses e políticos nunha festa do Choco ateigada de público

RR_Noticias

Xornada grande a de onte en Redondela con milleiros de persoas que se achegaron ao centro da vila a degustar o choco na carpa instalada no Campo da feira. Unha celebración que esgotou os 3.000 quilos que dende a confraría achegaron para a súa preparación por parte dos cinco restaurantes que este ano ocupaban os stands. O humor chegou da man da actriz e pregoeira Teté Delgado.

Os comensais apostaron unha vez máis polos pratos tradicionais. Empanada de chocos, arroz con choco ou chocos na súa tinta, pero tampouco defraudaron outras preparacións máis novidosas como a fabada e chocos (que se levou ademais o premio no certame gastronómico desta edición)  ou a fideuá de chocos con ameixas.
Unha carpa que durante toda a xornada de onte estivo ateigada de público, non só de veciños de Redondela e proximidades xa que foron varios os autobuses que desembarcaron no noso concello. E nese ambiente a actriz Teté Delgado exaltou o produto da enseada cun pregón cargado de humor e que despediu cun “vivamos coma choqueiros”.
Unha xornada de bo tempo e gastronomía, na que tamén se deixou sentir a campaña electoral con abundancia de políticos. O presidente da xunta Alberto Núñez Feijoo non dubidou en pasarse pola carpa en plena campaña acompañado do presidente da deputación Rafael Louzán e o alcalde de Redondela, Javier Bas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará