Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP presenta un superávit orzamentario dun millón de euros

RR_Noticias

O goberno local asegura que nestes catro anos foron quen de reducir en catro millóns de euros a débeda do concello, pasando de 10 millóns no ano 2011 a seis na actualidade. Afirman que isto foi posible “grazas a boa xestión realizada neste mandato eliminando gastos en viaxes, reducindo salarios da corporación e custes en moitos dos servizos contratados”

No pleno de hoxe o goberno de Javier Bas presenta a liquidación do exercicio do 2014, unha contas que “pechan en positivo, cumprindo a regra de gasto, cun superávit orzamentario dun millón de euros e un remanente de tesourería para gastos xerais de 500.000 euros”.
O PP alardea deste datos que ao seu entender “son uns excelentes resultados, tendo en conta as dificultades económicas que se suman a un goberno en minoría cunha oposición que en lugar de traballar e defender os intereses de Redondela están máis preocupados polos seus propios”.
Engaden dende o PP que estes datos positivos responden “a boa xestión realizada nestes últimos catro anos nos que foi posible reducir a débeda herdada que ascendía a 10 millóns de euros e reducila en catro millóns”.
Explican que esta redución foi posible “eliminando gastos en viaxes, dietas e comidas, reducindo os salarios da actual corporación, eliminando seguros e aparcamentos gratuítos así como controlando os consumos de gasoil, electricidade e reducindo custes en moitos dos servizos contratados pola concello”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará