Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Illa de San Simón recupera as visitas guiadas

RR_Noticias

Un ano máis a empresa Cruceros Angel será a encargada de xestionar as visitas guiadas á Illa dende Redondela. Unha visitas que dependen das mareas pero que está previsto teñan dúas saídas os sábados e domingos en horarios de mañá e tarde e que se completen tamén con visitas durante a semana. Os prezos mantéñense como o ano pasado: 9 euros os adultos, 5 euros os nenos a partir de catro anos.

En total dúas horas de percorrido pola Enseada no que os usuarios van coñecendo a historia da batalla Naval de Rande ou o seu pasado industrial sen esquecer a súa importante riqueza natural. E como punto culminante a chegada e visita guiada pola illa na que os visitantes van coñecendo o pasado e presente deste espazo. Malia que os horarios dependen das mareas si está confirmada que esta fin de semana haberá unha saída na tarde do venres ás 16:30 e o sábado e domingo as doce do mediodía de catro e media da tarde. Unhas frecuencias que poderían aumentar dependendo da demanda de público. Ademais como novidade desta edición a empresa inclúe tamén paradas no museo Meirande. A visita a este Centro de Interpretación da batalla de Rande é posible logo da recente colocación dun pantalán que da acceso ás instalacións pro mar e permiten o atraque da embarcación, segundo explicaba o alcalde Javier Bas. A empresa Cruceros Angel é a encargada de xestionar estas visitas que se van desenvolver na fin de semana e que teñen un prezo de 9 euros para o público adulto e 5 euros os nenos, con viaxes de balde para os menores de 4 anos. As reservas pódense realizar nos 620864052 e no correo electrónico info@crucerosangel.com. Tamén na caseta de turismo de Redondela.  

Javier Bas alcalde
A Illa de San Simón contará cun programa estable de visitas durante o verán
Visita a Meirande
O percorrido pola enseada inclúe tamén parada no Meirande

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará