Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela celebra o Día Internacional da danza cun amplo programa de actividades

RR_Noticias

A Concellería de Cultura en colaboración coa escola de danza Deborah Alfaya celebra esta fin de semana un amplo programa de actividades que perseguen conmemorar o día internacional da danza que se celebra o 29 de abril e visibilizar una disciplina moitas veces esquecida dentro das programacións culturais. Obradoiros na Praza da Casa da Torre e espectáculos no Multiusos centrarán as actividades que arrancan na tarde do venres día 1.

Un amplo programa no que se inclúen obradoiros para todas as idades e no que teñen cabida todos os estilos e espectáculo de danza conforman esta II edición dun festival que se vai desenvolver durante tres días en Redondela. O concelleiro de Cultura Julio Alonso salientaba a necesidade de conmemorar o Día internacional da Danza para dar así visiblidade a esta disciplina artística. O programa arrancará na tarde do venres con obradoiros de danza moderna, urbana e contemporánea a partir das 17:00 horas na praza da Torre, sempre e cando tempo o permita (en caso de chuvia desprazaranse ao Multiusos). Xa pola noite celebrarase una gala no Multiusos da Xunqueira na que participarán máis de 50 bailaríns que interpretarán 15 shows nos que se inclúen diferentes disciplinas dende o ballet clásico pasando pola danza oriental ou o jazz a cargo de compañía procedentes de A Coruña, Vigo e Redondela. A programación continuará na mañá do sábado con obradoiros de ballet clásico ás 10:00 e 11:45 e danza contemporánea pola tarde con obradoiros para o público infantil e adulto. Unha xornada que concluirá con Pangeia, un espectáculo que fusiona teatro, danza e música e que xa ten percorrido escenarios de Brasil e Portugal. O público poderá asistir a este interesante función o sábado 2 ás 21:00 horas no Multiusos. A entrada, que custa 5 euros, pódese retirar xa no propio multiusos As actividades rematarán o domingo cun encontro de escolas de danza a partir das 19:00 horas. Un programa en cuxa organización está implicada directamente a Escola de Danza Deborah Alfaya, a quen o edil de cultura agradecía a súa colaboración.  

Julio Alonso edil de cultura
Unha programación que arrancará no festivo do venres
Gala nocturna
O venres a danza de todos os estilos estará presente no Multiusos
Pangeia
Un espectáculo que fusiona teatro danza e música

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará