Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ricardo Figueroa: “AER non vai entrar nun goberno de coalición, calquera outro apoio está por ver”

RR_Noticias

Transparencia, participación directa dos veciños, control das contas municipais, esas eran algunhas das prioridades que moveu aos membros da Agrupación de Electores de Redondela a se presentar hai catro anos aos comicios municipais. Unha candidatura que repite neste 2015 con caras renovadas e con máis experiencia pero con obxectivos semellantes. Neste novo mandato non pechan a porta a un posible acordo postelectoral con outras forzas de cara a desaloxar ao PP da alcaldía pero aseguran que todo dependerá dunha negociación posterior en base ao seu programa electoral.

Hai catro anos eran tallantes na súa decisión de non apoiar a investidura de ningún partido. Un compromiso que foi decisivo cando as urnas lles concederon un único representante que se converteu en chave de goberno ante o empate técnico de PP e a suma de concelleiros de PSOE e BNG. A súa abstención no pleno de investidura supuxo que chegase á alcaldía o PP de Javier Bas, a formación máis votada neses comicios. Malia as críticas que tiveron que soportar por esa decisión non se arrepinten “porque era a decisión tomada antes das elección e tiñamos que respectala” apunta o cabeza de lista Ricardo Figueroa. Con todo, matizan que agora a formación se atopa noutro momento, chega cun programa electoral que queren cumprir e malia ter claro que “AER non entrará a formar parte dun goberno de coalición, non nos presentamos cunha decisión xa tomada sobre posibles decisión ou apoios postelectorais”. Tanto Figueroa como o número dous da lista, José Bernardo Crespo “Campa” defenden que o seu paso polo concello “malia os atrancos que nos pon o goberno serviu cando menos para facer máis transparente a política local”. Fomentar a transparencias e fiscalizar ao goberno foron as cuestións nas que centraron estes anos de oposición. “Intentamos informar aos veciños para que poidan opinar con criterio” conclúe Campa. Confían en que a cidadanía vexa ese traballo e que lles dean o seu apoio para incrementar así o número de representantes na corporación. Adiantan tamén que neste mandato haberá alternacia nos cargos e pasados dous anos procederase ao intercambio de concelleiros.  

Ricardo FIgueroa cabeza lista AER
Unha decisión polémica da que non se arrepinten
Pactos post electorais
Non hai unha decisión previa
Bernardo Crespo Campa número 2
Incrementar o númeor de apoios
Transparencia
Informar para formar cidadáns críticos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará