Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alén Nós solicita o apoio do pleno para recuperar a toponimia local

RR_Noticias

A Asociación Cultural defenderá hoxe no pleno municipal, último ordinario antes das eleccións de maio, unha moción na que demandan de todos os grupos presenten na corporación o seu apoio para “recuperar o inmenso patrimonio inmaterial que supón a toponimia de cada lugar, barrio e parroquia”. Unha proposta que chega ante os erros detectados na rotulación toponímica de todo o concello en xeral e da parroquia de Reboreda en particular.

Nese sentido, a proposta de Alén Nós pasa porque se acometa de xeito inmediato a corrección de todos os erros detectados na parroquia de Reboreda e que implica retirar aqueles letreiros nos que camiños ou lugares está incorrectamente identificados así como corrixir aqueles outros nos que se teñen cometido graves erros no traslado do nome orixinal ao que finalmente aparece no rótulo. Poñen como exemplo neste caso o do Camiño das Cabirtas que na sinal aparece como “Camiño das Cabritas” ou o uso de nomes como Laranxeira, Camiño das Garondas ou Misión cando o topónimo orixinal debería ser Camiños das Fragas, Senda da Auga ou Camiño do Caracol en cada un dos casos.
Demandan tamén que este traballo de corrección toponímico se leve a cabo en todas as parroquias do concello “previa elaboración dun estudo en cada unha delas por parte da xente competente ao respecto”.
Alén Nós leva esta cuestión ao pleno logo de catro anos de reunións cos responsables do asunto no goberno local e sen que se teñan adoptado medidas encamiñadas a recuperar a toponimia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará