Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Exposición dos debuxos “A túa biblioteca imaxinada” no Multiusos de Chapela

RR_Noticias

Uns traballos elaborados polos usuarios máis novos das bibliotecas municipais que participaron deste concurso convocado co gallo da celebración do X Aniversario da Axencia de Lectura Municipal de Chapela. As gañadoras nas tres categorías foron Adriana Calvo, Yaiza Arjones e Sira Ricoy. En total presentáronse 55 debuxos.

Estes galardóns, distribuídos en tres categorías de idade, foron entregados polo concelleiro de Cultura de Redondela, a directora das Bibliotecas Municipais e a bibliotecaria da Axencia de Lectura Municipal de Chapela.
Cincuenta e catro foron os debuxos que se presentaron ao concurso, dos cales resultaron premiados no grupo de 4 a 6 anos Adriana Calvo Aparicio, Mara Castro Villar e Jessica García Fernández. Na categoría de 7 a 9 anos foron elixidos os traballos de Yaiza Arjones Rodríguez, Xiana García Álvarez e David Iglesias Rodríguez.
Finalmente na categoría de 10 a 12 anos premiouse a Sira Ricoy Cid, Noelia Lago Carpintero e Ismael Álvarez Mouriño 
Ademais, fóra de concurso, recibíronse máis de 130 debuxos por parte do CEIP Laredo de Chapela, a través da súa biblioteca escolar. Todos eles se expoñerán no Multiúsos de Chapela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará