Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o Redondela en Curto, a festa do cine en pequeno formato

RR_Noticias

O certame arranca este xoves ás 21:00 horas e prolongarase ata o domingo 26, data na que se dará a coñecer a curtametraxe gañadora das 16 participantes no concurso. Entre as principais novidades desta XI edición destacan a sección de cine galego e curtísimas, sorteos entre os espectadores e a presentación da longametraxe sobre a vida do restaurador Ángel Barros, producida por Redondela en Curto.  O público poderá gañar pases gratuítos ao festival participando nun concurso de selfies e posando nun photocall para optar a diferentes premios para canxear nos locais da vila.

 “O cartel desta nova edición está composto polas mellores curtametraxes que están competindo actualmente en diferentes festivas nacionais. De feito, varias das seleccionadas estiveron presentes nos Goya, é dicir, un ano máis traemos a Redondela o mellor cinema do momento”, indicou o director do Redondela en Curto, Cuchi Carreira. A festa do cinema da vila dos viaductos, que se celebrará os días 23, 24, 25 e 26 de abril, acada a súa XI edición e faino cargada de novidades. O público poderá participar en varios concursos e sorteos para gañar pases gratuítos ao festival, ademais de gozar das curtametraxes fóra do Salón do Multiusos, pois a organización propón un visitando de varias pezas cinematográficas nos bares da vila. Durante os catro días de duración do festival proxectaranse no Salón do Multiusos da Xunqueira Con buenas intenciones de Virginia Romero; Deber do vigués Ángel Manzano; Casitas de Javier Marca; 0,60 mg de Gerard Martí; Cold de Iván Martín; Wut de Sergi Martí; Los Cárpatos de Daniel Remón; Los huesos del frío de Enrique Leal; Desintegración de Álvaro Martín; Don Miguel de Kote Camacho; Mi primer beso de Albert Manich; Hyena´s blood de Nicolás Caicoya; El vidente de Roberto Suárez; En directo de Wenceslao Scyzoryk; La ropavejera de Nacho Ruipérez e Safari de Gerardo Herrero. Unha das principais novidades do evento será a sección Cine Galego, coa que se pretende dar un impulso ao audiovisual da comunidade galega. Por outra banda, a sección Curtísimas busca achegar ao público unha selección dos filmes máis curtos presentados á XI edición do certame. Por outra banda, xa se pode visitar na vitrina da Disco Tasca, no espazo Mínima expresión, unha selección de reliquias das anteriores edicións do Redondela en Curto. Sen dúbida, un dos momentos máis destacados do festival será a presentación da primeira produción audiovisual de Redondela en Curto, unha longametraxe sobre a vida do restaurador redondelán Ángel Barros.  

Cuchi Carrreira director do festival
Novidades
Angel Barros
O sábado poderase ver a longametraxe sobre a vida do restaurador redondelán
Curtas favoritas
Algúns títulos parten xa como posibles gañadores

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará