Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Remata o prazo para se inscribir nos Maios

RR_Noticias

A data límite para se inscribir é este venres día 24 de abril ás 20:00 horas. Cada agrupación recibirá por participar 30 euros e o xurado outorgará tres premios nas categorías de maio tradicional e maio artístico, mellores coplas e mellor interpretación, dotadas cunha contía económica de 100, 150 e 200 euros.

As agrupacións que se presenten deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario coma na súa actuación. No apartado de maio tradicional incluiranse tan só os construídos con forma cónica empregando materiais vexetais, especialmente fiúncho, pampullo, peonias, laranxas e flores diversas, mentres que na categoría de maio artístico si terán cabida o resto das formas. O único material non vexetal permitido para a decoración dos maios nas dúas categorías é a casca de ovo.
En canto ás coplas deberán estar escritas en normativa oficial e será imprescindible que cada maio conte como mínimo con catorce coplas das que seis serán interpretadas diante do xurado
Coa vontade de promover a corresponsabilidade e tal e como se ven facendo nos últimos anos, os participantes poderán votar aos outros maios nas categorías de Maio tradicional e Artístico. Así, cada concursante  poderá votar a todos os maios exceptuando ao propio e tendo en conta os criterios fixados para cada categoría.  Este voto colectivo será contabilizado como un membro máis do xurado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará