Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla sobre os recortes na sanidade e a problemática dos enfermos de hepatite C

RR_Noticias

Unha actividade organizada pola Plataforma de Afectados de Hepatite C e que contará coa intervención da súa voceira Xulia Alonso e o médico redondelán José Emilio Santiago Nieto, membro da Plataforma SOS Sanidade Pública. A charla terá lugar ás 20:00 horas na Casa da Cultura.

Os recortes na sanidade e o atraso na subministración dos novos tratamentos aos enfermos de hepatite C son dúas cuestións intimamente relacionadas ao entender da Plataforma de afectados. Dende que se coñecera a existencia destes novos fármacos que podería curar aos afectados, enfermos e familiares están a demandar que os pacientes os reciban co único requisito de que así o determine o médico especialista. Algo que podería acontecer a partir do 1 de abril, data na que está previsto que se comecen a receitar. Máis dun ano tiveron que esperar os afectados para chegar a este punto, meses cargados de mobilizacións e protestas, motivo polo que anuncian que estarán moi pendentes para ver si se cumpre o anunciado e os pacientes comezan a recibir os tratamentos que lles permitirían salvar a vida, en caso contrario “seguirán as protestas” tal e como explicaba nos nosos micrófonos Carmen Rodríguez Cunha, integrante da Plataforma.  

Carmen Rodríguez Cunha Plataforma Afectados
Organizan unha charla para falar de sanidade en xeral e da problemática dos enfermos de hepatiteC en paricular
Pendentes do 1 de abril
Nesa data deberían comezar a dispensarse os novos fármacos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará