Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denunciará en Europa e no parlamento o “tremendo impacto” das obras do paseo da praia

RR_Noticias

As nacionalistas Ana Miranda e Olaia Fernández visitaron xunto a membros da agrupación local do BNG e representantes da AVV de Cesantes e da Confraría o lugar no que se están a realizar as polémicas obras do muro da praia de Cesantes. Anunciaron que presentarán diversas iniciativas no Congreso e ante a Unión Europea polas repercusións que esta obra poida ter no litoral.

Na visita, celebrada na tarde do pasado venres, Olaia Fernández Davila destacou o negativo impacto que esta obra de varios centos de metros de longo por máis de dous de alto vai supoñer para a Praia. “Unha praia que ademais de gozar dunha ubicación privilexiada, dá traballo a máis de 130 mariscadoras, e que potencialmente podería supoñer moitos máis postos de traballo, no caso de ser explotada racionalmente”.
Para Ana Miranda “os cartos cos que a Unión Europea inviste nos estados europeos, a través dos fondos FEDER, non poden ser para isto. Non poden ser para agredir deste xeito a un espazo declarado LIC- Rede Natura 2000”.
As nacionalistas comprometéronse logo de escoitar as preocupacións amosadas polos colectivos presentes en demandar de Costas tanto os permisos concedidos para a realización da obra como o estudio de impacto ambiental. Ana Miranda, pola súa banda, vai poñer en coñecemento da Comisión Europea esta obra, para que solicite ao goberno español toda a documentación necesaria. “Antes ou despois imos chegar ao fondo do asunto, se hai que volver a levantar os muros, así se fará, máis pediremos responsabilidades por empregar máis de 250.000€ da Unión Europea en levantar balados no propio areal”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará