Hoxe é Sábado 11 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para optar a unha das 4 prazas de auxiliar da policía local que oferta o Concello

RR_Noticias

O xoves 19 remata o prazo para poder concorrer a unha das catro prazas de auxiliares da policía local convocadas polo concello de Redondela para actuar como reforzo de carácter temporal por necesidades do servizo. Así, os contratos terán unha duración mínima de catro meses e máxima de seis. As instancias, que se poden descargar da páxina web do concello, deben presentarse no rexistro xeral do Concello con data límite o xoves 19 de marzo.

Os aspirantes deberán estar en posesión do título de ESO, graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente e ter unha estatura mínima de 1,65 para os homes e 1,60 para as mulleres.
Os candidatos deberán superar unha serie de probas físicas que medirán a súa capacidade física para as funcións que teñen que desempeñar así como un cuestionario de preguntas tipo test sobre un temario. Deberán acreditar tamén o seu coñecemento do termo municipal e a toponimia local así como o coñecemento da lingua galega.
As bases pódense consultar no departamento de persoal e na páxina web do concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará