Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela conmemora os 30 anos da primeira sentenza en galego

RR_Noticias

Os maxistrados Ricardo Leirós Freire, Claudio Movilla Álvarez e Gonzalo de la Huerta Fidalgo ditaban a primeira sentencia en lingua galega marcando así un fito histórico o 27 de marzo de 1985 promovendo que o noso idioma se fixera un oco tamén no eido xudicial. Co gallo de conmemorar esa data o Concello de Redondela descubría onte unha placa conmemorativa dentro dun acto organizado pola Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística e a Irmandade Xurídica Galega.

Un acto institucional que contou cunha nutrida representación política, encabezada polo secretario xeral de política Lingüística, Valentín García Gómez quen sinalou o avance que supuxo este fito histórico para garantir os dereitos da cidadanía galegofalante. Un ámbito, o da xustiza, no que aínda a día de hoxe o idioma común é o castelán pero no que si se están a dar pasos de cara a incrementar o número de sentencias e profesionais que empreguen o galego. O primeiro deses pasos dábase precisamente hai 30 anos cando os tres maxistrados “nun acto de valentía” segundo explicaba a viúva de Macilla Álvarez, Elisa Polanco “tiveron a iniciativa de empregar un idioma que ata esa data non estaba presente no ámbito xudicial”. Un fito histórico que o edil de Cultura, Julio Alonso, entende que é preciso lembrar por tratarse “dun acto de gran relevancia”. Engadía o oportuno do acto de onte xa que é responsabilidade da administración “velar polo noso patrimonio e poñer en valor este tipo de acontecementos”. Un acto que contou tamén coa presenza de Inés Vega Núñez, alcaldesa de Castro Caldelas, terra natal dun dos maxistrados homenaxeado Claudio Movilla, e concello no que se atopa o primeiro documento escrito en lingua galego e datado en 1228. Lembraba que “ser galego é non só nacer en Galicia senón empregar a súa lingua”. O alcalde de Redondela, Javier Bas, subliñaba na súa intervención que o noso concello “foi precursor no uso do galego” motivo polo que non podía deixar de conmemorar esta data transcendental par a lingua galega, unha sentencia que marca “o rexurdimento do galego no eido xudicial”. O secretario xeral de Política Lingüística concluía afirmando que “non poderemos darnos por satisfeitos ata que o galego sexa verdadeiramente un idioma de uso frecuente e normal na práctica de xulgados, notarías e rexistros”. O acto concluíu no Multiusos coa lectura de dous manifestos “Declaracións para sermos máis nós” e a “Declaración de Redondela. Por unha lingua para o dereito” que asinaron 21 avogados exercentes na localidade.  

Elisa Polanco viuva de Claudio Movilla
Acto de valentía
Julio Alonso concelleiro de cultura
Labor do concello velar polo noso patrimonio
Inés Vega alcaldesa de Castro Caldelas
Un concello que debía estar presente por diversos motivos
Javier Bas alcalde
O rexurdemento do galego no ámbito xudicial

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará