Hoxe é Venres 15 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco achégase ao play off á conta do Ordes

RR_Noticias

Vitoria do Choco en Vista Alegre ante un Ordes que non arriscou moito, e froito diso o partido non gozou de numerosas ocasións. Foi o equipo de Redondela o que levou o gato á auga tras marcar os dous únicos goles que subiron ao marcador. Con esta vitoria, o Choco empata a puntos co Ribadumia, que se atopa na cuarta posición con dereito a play off.

Terceira División
Órdenes 0-2 Choco
O final da primeira metade foi o minuto crave para o gol dos choqueiros, que antes do descanso se adiantaron tras unha acción de saque de esquina que rematou Hugo. Sen moitas máis ocasións na primeira metade salvo un pau para cada equipo, o ecuador do partido chegaría con ese resultado de vitoria pola mínima para os de Jacobo Montes. Tras o paso polo túnel de vestiarios o Ordes saíu un pouco máis atrevido, e co paso dos minutos, achegábase máis á meta de Cortegoso, tratando de buscar o empate. Cabrejo puido asinar a igualada nunha boa xogada local, pero non parecía ser o día dos de Pacios, e os redondeláns non vían perigar o encontro. Cris matou o encontro nunha boa contra tras unha xogada individual case ao remate do encontro, que trouxo os tres puntos a Santa Mariña. Esta semana o Choco preparará o encontro que os levará o domingo ao campo do Rápido de Bouzas. Os vigueses están un posto por baixo do equipo redondelán, cun punto menos.
Ordes: Dani Pérez; Rendo, Jesús Torres, David Rei, Cabrejo; Cea (Martín 76´); Julián, Anxo, Souto (Rubén Soñora 66´), Álex Branco; e Nacho Fernández (Álvaro 46´).
CD Choco: Cortegoso; Iago Vázquez, Saúl, Lucas, Carminati; Gonza (Cris 86´), Fernando, Xose (Muíños 66´), Félix; Comis e Hugo (Aitor Gómez 81´).
Goles: 0-1 44´ Hugo e 0-2 89´ Cris.
Árbitro: Joaquín Ventoso Noal.
Incidencias: Partido disputado no campo de Vista Alegre, ante uns 200 espectadores.
Segunda Autonómica
Choco B tivo xornada de descanso. O filial redondelán, na cuarta praza do grupo, xoga o próximo domingo co Racing de Castrelos, no Monte da Mina. Os vigueses son décimos.
Arcade 1-1 Mosteiro
Os de Soutomaior seguen na metade baixa da táboa logo do empate co Mosteiro. E terán complicado mellorar esta posición na próxima xornada, xa que visitan o campo do líder, o Amanecer.
Terceira Autonómica

Cesantes 3-3 Sotomayor
Os redondeláns seguen afundidos na táboa logo do empate co Sotomayor. Na próxima xornada xogan no campo do Santomé, que é 9º.
Chapela 2-2 Balaídos
Os de Redondela empataron o encontro no sexto minuto do tempo engadido. Adiantárase o Chapela na primeira parte, pero o Balaídos puido darlle a volta ao marcador na segunda. O Chapela, agora na terceira praza, visita o campo do Moledo, que é oitavo.
Miño-Peña Beretes
Impúxose o Miño nun partido con pouca intensidade de xogo. O Peña Beretes tivo ata tres ocasións claras para que o marcador non fora tan avultado, pero non estiveron acertados. Máis complicado aínda o terán na próxima xornada, cando reciben ao Nieto, líder intratable do grupo.
At. Vilar 2-1 Castelo
Os redondeláns impuxéronse ao Castelo e manteñen a quinta praza do grupo. A próxima xornada xogan no Porriño co Atios B, que os adianta unha posición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará