Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dez medallas e catro records de España para os nadadores Loira Fernández e Mauro Rodríguez

RR_Noticias

Os nadadores do Rácing Club Chapela Loira Fernández Guardiola e Mauro Rodríguez Baliña lograron dez medallas no Campionato de España de Natación para deportistas con discapacidade intelectual disputado en Cádiz. Un impresionante palmarés ao que hai que sumar ter acadado o pase para participar no campionato de Europa que se celebra en novembro en Italia.

Loira regresou do Campionato de España con tres ouros e dúas pratas ademais de lograr records en 400 libre e 100 bolboreta. Pola súa banda Mauro fíxose con tres ouros, unha prata e dous bronces e tamén dous records en 400 libres e 400 estilosa. Un bo facer destes dous nadadores que lles permite tamén contar xa con praza para o campionato de Europa. Resolto xa o logro deportivo hai que superar agora o económico, motivo polo que o presidente do Club Enrique Carro fai un chamamento a posibles patrocinadores privados que faciliten a estes nadadores estar na cita deportiva europea.  

Enrique Carro Racing Chapela
Fálanos dos éxitos deportivos destes dous nadadores
Necesidade de patrocinadores
Apoios privados que posibiliten a súa presenza en competicións deportivas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará