Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mecos impúxose na absoluta da Bandeira do Porvir, con Chapela nos podios femininos

RR_Noticias

O club do Grove fíxose coa VII Bandeira do Porvir-Memorial Obdulio Iglesias “Odilo”, na que participaron trece clubs da Liga Territorial Sur. O Club de Remo Chapela, organizador da proba de bateis, acadou a prata na categoría Cadete Masculina e o bronce na Infantil Masculina e nas de Promesa e Absoluta Feminina.

Máis de 350 deportistas participaron nas distintas categorías, xa que a proba contou cunhas oitenta embarcacións. O podio na categoría Absoluta Masculina completárono Amegrove e Moaña, coas embarcacións de Chapela na 7ª e 8ª posición, e Cesantes como 12ª. A proba Xuvenil Masculina foi tamén para Mecos, seguida de Tirán e Mecos B. En Cadetes Masculino venceu Samertolameu, seguida de Chapela e Robaleira, e en Infantil dominou Vila de Cangas, por diante de Mecos e Chapela. Na categoría de Promesa Feminino venceron as de Vilaxoán, por diante de Mecos e Chapela, na Absoluta as mulleres Samertolameu remataron na primeira posición, seguidas de Mecos B e Chapela, e nas Xuvenís impúxose Robaleira, por diante de Vilaxoán e Vila de Cangas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará