Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A terceira fase do complexo deportivo de Santa Mariña supón un novo investimento de 608.000€

RR_Noticias

A Deputación aprobou o proxecto da 3ª fase do Complexo Deportivo de Santa Mariña, en Redondela, por 608.802 euros, das que a institución provincial aportará 453.719 euros. A obra, que debería estar rematada en seis meses, inclúe a construcción das pistas de pádel, accesos e vestiarios. O investimento nas dúas primeiras fases superou o millóns de euros.

O proxecto aprobado o venres consistirá na construcción de 4 pistas de pádel cubertas e acristaladas de céspede artificial; construcción dun acceso peonil e outro de vehículos; execución de peches perimetrais de todo o complexo; construcción de vestiarios para usuarios das pistas (de homes e de mulleres, con 4 duchas cada un); e construcción dun aparcamento para autobuses.
En total, prevense urbanizar 2.862 m2 en superficie e edificar 927 m2 nunha obra que ten un prazo de execución de 6 meses.
Actualmente, xa existen na parcela dous campos de fútbol 11 de céspede artificial e edificacións destinadas a vestiarios e bancadas así como pistas de tenis con pavimento de formigón e resinas. O investimento nas dúas primeiras fases superou o millóns de euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará