Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chíos, teatro sensorial para bebés no Multiusos

RR_Noticias

A compañía Teatro da Semente presenta o domingo ás 18:00 horas un espectáculo teatral e musical dirixido á poboación infantil, e especialmente recomendado para nenos e nenas de 1 a 4 anos. Os máis pequenos aprenderán a descubrir o mundo a través dos sentidos, a transformación de obxectos, a gozar coa música e as palabras. O prezo da entrada é de 2 € para público infantil e 4 € para público adulto, e pódense mercar dende hoxe venres no multiúsos da Xunqueira.

A obra Chíos, a cargo da compañía de Teatro Semente son trinta minutos de poesía sensorial con cantigas, bailes, música, poemas visuais, xogos e estimulación olfactiva e táctil. Dúas nenas xogan nun xardín de madeira onde todo é un bosque de sons e sensacións. Dous paxaros pequeniños chían para descubrir o mundo a través do xogo e das cancións. Unha actividade enmarcada dentro do ciclo Teatro Cativo organizado pola Concellería de Cultura.  

Julio Alonso edil de cultura
O obxectivo é incluir unha programación estable para os máis pequenos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará