Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arturo González: “Non hai prórroga no pavillón, nós imos cumprir os prazos”

RR_Noticias

O PP non contempla atrasos e afirma que o pavillón estará listo o 15 de marzo. Así o confirmou o concelleiro de urbanismo nun pleno extraordinario de urxencia celebrado onte para aprobar unha modificación técnica que afecta á fachada do novo pavillón de A Marisma. Unha sesión practicamente de trámite pero que serviu para que o populares confirmasen a súa intención de cumprir os prazos e que a obra estea lista en dez días malia ás dúbidas amosadas polos grupos da oposición.

González aseguraba que o goberno local non manexa outro escenario que non sexa cumprir os prazos establecidos por Europa e que a obra este rematada en 10 días. Un requisito imprescindible para poder así acceder a esa importantes achega económica que permite financiar un pavillón que conta cun orzamento de 1,8 millóns de euros. O edificio constrúese contrarreloxo xa que por tratarse dunha obra enmarcada dentro do plan Marisma Máis os prazos son establecidos por Europa e debería estar listo o vindeiro 15 de marzo. Iso si, González engadía que “de non cumprírense os prazos será nese momento cando haxa que analizar de quen é a responsabilidade”. Malia que a modificación aprobada onte non suporá ningún custe para as arcas municipais e afecta a un cambio de material no exterior de edificio en resposta a unha  solicitude da adxudicataria da obra, a empresa Dragados, o acordo non foi unánime. Tan só o BNG lle deu o seu apoio aos populares. Un voto a favor que non estivo exento de críticas xa que segundo explicou a voceira dos nacionalistas, Cecilia Pérez Orge, “lles damos o noso apoio por unha cuestión de responsabilidade, malia entender que o PP está a actuar con moita improvisación”. Precisamente os atrasos á hora de trasladar aos grupos da oposición o expediente desta modificación no proxecto foi o que levou a Agrupación de Electores a votar en contra. Explicaba Alfonso Blanco que non podían votar a favor dun expediente “que non tivemos tempo de ler, non podemos fiarnos da palabra do goberno”. Os socialistas optaron pola abstención e manifestaron as súas dúbidas de que o proxecto estea rematado no prazo de 10 días. Luís Orge ademais de manifestar ese temor aproveitaba a súa intervención para criticar un proxecto “no que se non se contempla para o pavillón cuestións básicas como a calefacción ou as tomas de corrente”.  

Arturo González PP
O pavillón ten que estar rematado o día 15
Luis Orge PSOE
Os socialistas dubidan que se cumpran os prazos
Cecilia Orge BNG
Críticas ao que entende improvisación por parte do goberno local
Alfonso Blanco AER
Votaron en contra por non contar con tempo suficiente para ler o expediente

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará