Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O convenio do transporte metropolitano fixa en 85 céntimos o billete de autobús a Vigo

RR_Noticias

Viaxar en autobús de Redondela a Vigo pasará de custar 1,50 a custar 85 céntimos. Así se recolle no plan de transporte que na xornada de onte asinaron un total de doce alcaldes da área metropolitana coa Xunta. Non hai data concreta para o arranque destas novas tarifas pero en calquera caso será antes das elección de maio. O aforro para os usuarios afectará a todos os concellos, así por exemplo un veciño de Soutomaior pasará de 2,19 euros a 1,30, cantidade que deberá pagar tamén un veciño de Pazos cuxo aforro será maior xa que actualmente pagan 2,51. Facer o traxecto entre Fornelos e Vigo redúcese tamén notablemente ao pasar de 2,91 a 1,84.

En contraprestación por estas rebaixas do 50% no prezo dos billetes, os concellos adheridos ao convenio terán que abonar unhas cantidades anuais que no caso de Redondela será de aproximadamente 60.000 euros,cantidade que este ano ascenderá a 37.000 pro arrancar o plan xa co ano iniciado. A decisión de Vigo de non sumarse ao convenio impedirá que os usuarios poidan empregar un único billete para desprazarse pola cidade.
A formalización do acordo tivo lugar onte nun acto no que os alcaldes dos municipios implicados e o presidente da Xunta asinaron o convenio, que contará cun investimento de 12 millóns entre 2015 e 2019. Durante a presentación do acordo, Feijóo destacou que este plan de transporte permitirá aforros medios do 50 por cento aos usuarios de bus e barco da área metropolitana, o que supón unha media de entre 400 e 600 euros par aqueles que viaxan de xeito habitual.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará