Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER necesita recoller 500 sinaturas para concorrer ás eleccións municipais

RR_Noticias

A Agrupación de electores atópase mergullada no proceso de selección do candidato e da lista que vai presentar aos vindeiros comicios electorais. Unha candidatura que dan por segura malia que previamente necesitan o aval de 500 persoas, que terán que asinar un documento tipo para tal fin xunto cunha copia do seu DNI. Este é un requisito imprescindible por ter elixido a forma xurídica de “agrupación de electores”.

A formación conta xa cunha lista provisional elaborada en base aos opinións e os votos dos integrantes da formación quen “de xeito anónimo seleccionou a dez compañeiros aos que outorgou un valor numérico do 1 ao 10, segundo estimase procedente, pero sempre tendo claro que non é un proceso para crear líderes, senón para designar representantes da asemblea no pleno municipal”.
Non será ata que cada unha das persoas que aparecen nesa lista dean a súa conformidade con formar parte da candidatura e tras pasar por asemblea, cando fagan pública a candidatura definitiva.
Como no anterior mandato, a representatividade durará dous anos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará