Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica a reestruturación dos servizos sociais por “innecesaria”

RR_Noticias

Para o Bloque a reestructuración de Servizos Sociais, que supuxo o trasladado de traballadores municipais, obedece “ao capricho do alcalde Javier Bas e non a unha necesidade obxectiva”. Critican o feito e tamén o momento por non entender que estes cambios se acometan a tan só uns meses das eleccións. Demandan que se dote de máis persoal este departamento.

 
O voceiro do BNG, Xoán Carlos González entende que estes cambios son “o último episodio dun deterioro lento pero continuo dunha área que debe ser a das de maior eficiencia no Concello”. Explican que os últimos cambios afectan á propia dinámica de traballo das profesionais da área xa que supuxeron “unha profunda reestructuración do organigrama de Servizos Sociais, que obedece máis á vontade da concelleira, consentida polo alcalde, que a unha necesidade obxectiva”. Refírese en concreto ao cambio dunha traballadora social da Unidade de Redondela que se viu obrigada a pasar a Chapela.
Os cambios afectaron tamén ao persoal administrativo cunha  traballadora que levaba desenvolvendo funcións no departamento de Servizos Sociais nos últimos anos e que foi trasladada a Participación Cidadá, mentres que outra administrativa dos servizos xerais pasou para a Unidade de Chapela.
Finalmente dende o BNG reclaman que se dote de máis persoal este departamento.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará