Arranca esta tarde na Biblioteca de Soutomaior un obradoiro de matemáticas divertidas orientado a nenos e escolares con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Unha divertida e educativa actividade que pretende levar aos nenos de Primaria outra forma de ver e practicar as matemáticas. O taller comezará o 3 de marzo e prolongarase até o mes de xuño, cando finalice o ano escolar e está impartido por Ainhoa Sánchez.
Neste taller de matemáticas divertidas utilizaranse xogos didácticos e virtuais cos que, ademais de repasar as matemáticas, os pequenos adestrarán habilidades físicas e cognitivas como o recoñecemento numérico, a memoria visual e fotográfica, a concentración, a capacidade de atención ou a axilidade no cálculo mental entre moitas outras. A actividade está coordinada pola licenciada en Psicoloxía Ainhoa Sánchez e desenvolverase os martes, mércores e xoves de 16:15 a 18:30 horas, dependendo do curso no que se atope o alumno. O taller é totalmente gratuíto e para inscribirse só é necesario solicitalo na Biblioteca Municipal Luís Seoane de Arcade ou no teléfono 986 700 291. Terán preferencia para matricularse os alumnos empadroados no Concello de Soutomaior.
Fala dos contidos da actividade