Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O fútbol sala local suma vitorias e colle ánimos para enfrontarse aos mellores

RR_Noticias

O Redondela FS conseguía impoñerse ao Tui Futsal por un contundente 3-9, sobre todo grazas a unha segunda parte cunha gran intensidade defensiva. Tamén vitoria para o Campito que vencía por 7-4 ante o Cereixa. O Redondela recibirá na vindeira fin de semana ao Sala Ourense, líder da autonómica sur mentres o Campito se despraza á campo do terceiros clasificado o Quinta Tui. Con peor ánimo afrontará o Arealonga a súa cita ante o líder da autonómica norte. Os de Chapela xogarán no campo do Riazor logo de caer ante o Jagofán por 3-6.

Con ánimos renovados van enfrontar os homes de Julio Mougán o encontro que na vindeira fin de semana teñen ante o líder da categoría o Sala Ourense Prolsport. Difícil partido que malia todo os de Redondela disputarán coa vantaxe de facelo na casa e logo dun avultado resultado ante o Tui. Foi sobre todo na segunda parte do partido cando o Redondela FS amosou a súa superioridade chegándose a ese definitivo 3-9.
Tampouco fallaron os homes do Campito que lograron unha nova vitoria ante o Cereixa por 7-4. Seguen escalando postos nunha categoría na que son novatos pero que lles está a deparar moi bos resultados. Tentarán afianzar esa tendencia ante o Quinta de Tui, un equipo que se atopa na terceira praza da Autonómica Sur.
Peor sorte correu o equipo que milita na Autonómica Norte. O Arealonga non foi quen de brindarlle unha vitoria á súa afección e caeu por 3-6 ante o Jagofán. Son oitavos e xogan na vindeira fin de semana no campo do Riazor, líder do grupo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará