Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A historia do exército do aire chega a Redondela

RR_Noticias

Unha mostra no Multiusos da Xunqueira permite coñecer de xeito cronolóxico a historia militar aeronáutica do estado español dende os seus inicios no 1911 ata a actualidade. Paneis informativos e maquetas de gran tamaño permiten coñecer como foi a evolución da aviación militar da man do Ministerio de Defensa. A exposición pode visitarse ata o vindeiro 11 de marzo. A inauguración contou coa presenza do Xeneral de brigada do exército Aire Santos Senra Pérez (Redondela, 1952).

Unha mostra que se poderá visitar durante dez días e que forma parte dunha campaña itinerante organizada por Defensa o pasado ano co gallo da conmemoración do 75 aniversario do Exército do Aire. Con todo, a exposición que chega a Redondela faino en formato reducido e remóntase ao ano 1911, data dende a cal se fai un percorrido cronolóxico da historia militar con referencias tamén “á época dos grandes vos onde os aviadores españois conseguiron unir o territorio español coas colonias”. Parada especial tamén na guerra Civil “con grandes pilotos en ambos bandos” segundo explicou Santos Senra. Na mostra faise tamén un achegamento á actualidade “cunha forza aérea reducida pero moi moderna, altamente tecnificada e cun persoal moi cualificado e motivado” en palabras de Senra Pérez. Na charla posterior o xeneral de brigada explicou o labor que desenvolve o Exército do Aire, tanto na defensa do espazo aéreo do territorio nacional como as misións humanitarias en países en conflito, así como outras accións como a loita contra os incendios forestais, salvamento marítimo ou evacuación de cidadáns españois en zonas conflitivas. O edil de Cultura Julio Alonso, animaba aos veciños a achegarse a esta exposición.  

Santos Senra Pérez Xeneral
Fala dos contidos da exposición
Historia do Exército do aire
o ano pasado celebraba o seu 75 aniversario
Julio Alonso edil de cultura
O Concelleiro anima aos veciños a visitar a mostra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará