Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Convocado o III Premio audiovisual Andaina

RR_Noticias

A asociación Andaina e a organización do festival Redondela en curto convocan unha nova edición deste premio audiovisual no que se establecen dúas categorías con premios dotados de 300 e 150 euros. Poden concursar traballos realizados nos dous últimos anos que se presenten ates do vindeiro 20 de marzo.

Concienciar sobre a integración na sociedade, así como nos ámbitos escolar e laboral, das persoas con necesidades especiais e valorar a importancia de mellorar a súa calidade de vida e a dos seus familiares. Con este obxectivo, a Asociación Andaina Redondela e o festival Redondela en Curto convocan por terceiro ano consecutivo o Premio audiovisual Andaina, no que poderán concursar aquelas curtametraxes e documentais cuxa temática concorde cos obxectivos da asociación redondelá.
O formato de participación será o de vídeo edición, tanto de documentais como de curtametraxes, cunha duración non inferior aos dous minutos e non superior aos 30. Aceptaranse os traballos realizados nos dous últimos anos e establécense dúas categorías: Premio Andaina e Premio Andaina de audiovisual escolar, dirixido este último a proxectos nos que participen estudiantes de ensinanza non universitaria. Así mesmo, os premios estarán dotados dunha contía de 300 e 150 euros, respectivamente.
As bases pódense consultar no enderezo do festival www.redondelaencurto.com
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará