Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco esmaga ao pechacancelas

RR_Noticias

Os pupilos de Jacobo Montes golearon ao Bertamiráns (6-1) nun encontro que se decidiu na segunda parte, logo de chegar ao descanso co marcador 1-1. Foi a única vitoria do fútbol local, ao que hai que sumar o empate do Choco B co Areas. Na terceira Autonómica derrotas para o Cesantes, Chapela, Beretes Chapela e Vilar.

Terceira División

Choco 6-1 Bertamiráns
O Choco acabou goleando en Santa Mariña a un Bertamiráns que conseguiu chegar con empate ao descanso. O tanto de Joni en propia porta ao comezo do segundo tempo foi un duro golpe para os visitantes, que xa non conseguiron reporse. O equipo de Redondela adiantouse ao seis minutos de xogo grazas a un tanto de Silva. Pero a alegría non lles durou moito aos locais, que viron como Richi lograba o 1-1 apenas superada a media hora de partido. Con empate no marcador chegouse ao final dos primeiros 45 minutos. O equipo de Raúl Bralo plantou cara ata que, no 54, Joni anotou na súa propia portaría o 2-1. Foi o principio do fin para un Bertamiráns moi fráxil. Dous novos tantos locais (Silva no 63 e Brian no 66) deixaron o choque encarrilado e Félix (no 81) e Hugo Sanmartín (82) redondearon a goleada. Tras esta vitoria, o conxunto redondelán colócase na sétima posición con corenta puntos, a catro puntos da cuarta praza, que permite disputar a fase de ascenso a Segunda División B. No entanto, o importante para o equipo de Jacobo Montes é que estes puntos permítenlles pensar que a permanencia na categoría está practicamente asegurada. A próxima fin de semana xogan no campo do Barbadás, situado na metade baixa da táboa
CD Choco: Cortegoso, Pablo Piñeiro, Saúl, Lucas Fernández (Michel, min.71), Lucas Carminati, Fernando, Gonza (Brian, min.54), Xosé (Óscar Comís, min.66), Félix, Hugo Sanmartín e Silva.
Bertamiráns FC: Miguel Rodríguez, Puyi, Xullo, Diego, Joni, Jaime, Adrián Alvite (Mateo Otero, min.83), Brais (Marcos, min.74), Coria, Álex Boo e Richi
Segunda Autonómica

Choco B 1-1 Areas
O Choco B mantén a 4ª praza do grupo malia o empate co Areas, aínda que se descolga da cabeza da clasificación. Na próxima xornada xoga no campo do Lavadores, que é 2º, a dous puntos de distancia.
Pontevedra 2-1 Arcade
O Arcade segue afundido na parte baixa da clasificación logo da derrota no campo do Pontevedra. A próxima fin de semana terá un rival máis accesible, xa que recibe ao Poio, penúltimo clasificado do grupo.
Terceira Autonómica

Marcón B 1-0 Cesantes
O Cesantes non foi quen de superar ao filial do Marcón, que agora adianta aos redondeláns na táboa. A próxima fin de semana terán un rival complicado, xa que reciben ao Salcedo, da metade alta da táboa.
Beretes Chapela 0-2 Mosende
O Peña Beretes afúndese cada vez máis na clasificación, ocupan xa o terceiro posto pola cola, iso que suman unha xornada máis que o resto de equipos. A próxima xornada teñen descanso.
Santa Eulalia 3-2 Chapela
O Chapela mantén o 3º posto malia a derrota, pero máis afastado agora dos dous primeiros clasificados. A próxima fin de semana terá ocasión de volver a sumar en positivo, xa que recibe en Chapela ao pechacancelas do grupo, o Fortuna Vigo.
Pontellas 2-0 Vilar
O Pontellas B mantén o liderado do grupo logo de impoñerse ao Vilar, que nada puido facer por deter a ofensiva dos porriñeses, con goles de Alex e Sestelo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará