Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Esquerda Unida Redondela cesa a súa actividade por falta de entendemento coa executiva nacional

RR_Noticias

A asemblea local de Esquerda Unida en Redondela anunciou onte que decide “cesar a súa actividade, en contra da nosa vontade, debido á falta de entendemento coa executiva nacional de EU-EU”. A agrupación redondelá, que coordinaba até este momento Roberto Villar, alega que a dirección nacional do partido “non é consciente da realidade política e social que estamos a vivir”.

Villar declinou facer declaracións pero nun comunicado asegura que a asemblea de EU en Redondela “e os seus simpatizantes non podemos pertencer a unha organización onde os procesos verticais pasan por encima dos seus estatutos, e cando eses procesos verticais non funcionan, as cousas arránxanse con reunións secretas e filtracións de documentación interna ás costas da asemblea local, para botar abaixo a dinámica de traballo conxunto con outras organizacións”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará