Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo para a licitación do centro de día de Cesantes

RR_Noticias

O DOG recollía onte o anuncio para a contratación da empresa que se encargará da xestión do centro de día, unhas instalacións que permanecen pechadas malia terse rematado as obras hai máis de dous anos. As empresas interesadas poden presentar as súas propostas ata o 5 de marzo.

O centro de día de Cesantes poderá atender a 51 usuarios, xa que contempla 21 prazas de carácter residencia e 30 no centro de día. Segundo se recolle no Diario Oficial de Galicia as empresas interesadas en xestionar estas instalacións deberán presentar as súas ofertas antes de 15 días,sendo a data límite o vindeiro 5 de marzo. Dende o goberno local manifestaron a súa satisfacción por este anuncio xa que segundo o alcalde Javier Bas “A Xunta está cumprindo co seu compromiso de que Redondela teña un centro de día e que ese centro teña ademais unhas instalacións axeitadas”. Confían en que a apertura das mesmas poida facerse en breve.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará