Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rafael Quintía presenta Alicornio, un libro sobre o poder medicinal do corno de unicornio

RR_Noticias

A Asociación Cultural Alén Nós e a Sociedade Galega de Antropoloxía, organizan a presentación do libro “Alicornio, a maxia do corno de unicornio e a súa pegada na medicina tradicional galega”. Un acto aberto que terá lugar o xoves 19 ás 20:00 horas na Casa da Cultura.

O antropólogo Rafael Quintía, autor e presidente da Sociedade Galega de Antropoloxía, será o encargado de descubrir aos asistentes a antropoloxía galega que aínda está viva entre nós, con crenzas, ritos e obxectos. No seu libro titulado “Alicornio, a maxia do corno de unicornio e a súa pegada na medicina tradicional galega” o antropólogo pontevedrés  analiza este fenómeno da mitoloxía logo de 18 anos de investigación en toda Galicia.
Unha charla presentada por Xosé Couñago, de Alén Nós.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará