Hoxe é Domingo 13 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lume e festa nun Entroido multitudinario que o sábado celebra en Chapela o enterro do Berete

RR_Noticias

O tempo acompañou e ninguén quixo perderse a celebración que na xornada de onte se vivía na rúa. Dende o mediodía xa se podían ver ducias de persoas, grupos que foron en aumento durante toda a tarde ata ateigar as rúas e prazas do centro da vila. Unha festa que continuará en Chapela o sábado co Enterro do berete no que participarán mil persoas e dez comparsas.

Actividades para os nenos e moita festa para os maiores que viviron o seu punto álxido coa queima do meco, que nesta ocasión era unha man aberta contra a violencia de xénero. Un espectáculo a cargo da compañía Troula con malabares, zancudos, lume e fogos de artificio. Houbo tamén premios para os mellores disfraces. Así na categoría de grupo o primeiro premio foi para o grupo Capitán América e o segundo para os Exipcios. Unha parella de cabaliños de mar e outra de momias fixéronse cos premios nesta categoría, mentres que en individuais o xurado premiou a unha moza disfrazada de Maléfica e a unha Píntega. Unha festa que se prolongou ata a madrugada e que aínda ten citas pendentes para a ifn de semana Nesta edición a concellería de festas quere apostar pola inclusión neste programa do tamén xa tradicional enterro do Berete e faino traballando conxuntamente con quen foi durante os últimos 20 anos o responsable desta actividade Manuel Rodríguez, quen agradecía a implicación do concello e aseguraba que de non ser por esta colaboración “o enterro do berete este ano non se tería organizado”. Unhas actividades que terán lugar na tarde do sábado e que contará coa presenza de dez comparsas con máis de mil persoas que participaran dun desfile que percorrerá o centro da parroquia. Unha comitiva fúnebre que partirá dende o Alto da Encarnación a partir das 19:00 horas e percorrerá a Avenida de Vigo ata chegar a praia de Arealonga. A concellería de Festas, Herminia Quelle explicou que para garantir a seguridade cortarase o tráfico na parroquia mentres dure o desfile, trasladándose os vehículos pola zona alta da parroquia. Unha vez o desfile chegue á Arealonga haberá unha “invasión pirata”, un espectáculo animado polo grupo de percusión Trópico de Grelos, e a continuación procederase á incineración do Berete. A festa rematará con verbena amenizada pola orquestra Gran Parada. O alcalde de Redondela, Javier Bas, anima os veciños a sumarse tamén a estas celebracións cunha gran tradición na parroquia “o Entroido en Redondela quedaba coxo e queremos completalo con este enterro do Berete converténdoo ademais en referente para os veciños do concello e da comarca.  

Manolo Rodríguez Comisión de festas
Asegura que o enterro do berete non se podería celebrar sen a colaboración do concello
Herminda Quelle Concelleira de festas
Mil persoas e dez comparsas participarán na festa do sábado
Queima do berete
Unha festa en Arealonga
Javier Basalcalde
Completar as celebracións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará