Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

París ve unha “manobra política” detrás da decisión dos alumnos de teatro de darse de baixa

RR_Noticias

Un problema de entendemento ou unha manobra orquestrada dende algunha formación política é o que ao entender da concellería de servizos sociais Teresa París se agocharía detrás da decisión dos alumnos de dinamización teatral que na xornada de onte se daban de baixa.  Asegura que dende o seu departamento apoiouse a actividade con investimentos superiores aos 3.000 euros anuais “para iluminación, cartelería, roupa, equipos de son…” e que a taxa de 11 euros mensuais é exclusivamente para pagar a profesora.

Explica Teresa París que o custe de todas as actividades que se organizan dende o Concello -agás as de conciliación e os cursos relacionados con usuarios en  risco de exclusión que si son subvencionados – “hai que repercutilo por lei nos usuarios” motivo polo que se establece unha taxa que teñen que abonar os alumnos. Explica que esta cota mensual decídese no inicio do curso facendo unha estimación no número de alumnos que está previsto que se matriculen e o custe do profesor. Neste caso estimouse que serían ao redor de 70 alumnos “e malia que só hai inscritos 39 decidimos manter a taxa prevista inicialmente”. Non entende que logo de manter varias reunións cos usuarios destes cursos adopten a decisión de darse de baixa “dunha actividade coa que sabemos que estaban contentos e que cumpría os seus obxectivos de integración e socialización” motivo polo que engade “ao meu entender detrás desta decisión agóchase unha manobra política”. Nega rotundamente que estes grupos de dinamización non recibiran apoio do concello “xa que se lles cede o local, páganse gastos de iluminación, són, cartelería” Unha actividade que deixará previsiblemente de estar entre as programadas dende o concello “xa que logo de darse de baixa o alumnado o lóxico será suspendela” concluíu a edil.  

Teresa París concelleira de Servizos Sociais
Explica o motivo da taxa que se cobra os usuarios
Manobra política
E edil entende que hai motivo políticos detrás da baixa en bloque de todos os usuarios
A actividade suspéndese
Non cre que hxa marcha atras

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará