Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos convoca dous cursos de monitor de tempo libre e de manexo de carretillas elevadoras

RR_Noticias

O Concello de Pazos de Borbén convoca un curso de monitor de tempo libre cunha duración de 350 horas. O curso está dirixido a persoas maiores de 16 anos tendo preferencia aqueles que estean empadroados no propio concello. O prezo é de 160 euros. As persoas interesadas deben inscribirse na casa do concello ou no teléfono 986 49 89 34 en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas.

No mesmo teléfono poden inscribirse tamén os interesados en participar nun curso de manexo de carretillas elevadoras. O ciclo ten un custo de 60 euros e ten como obxectivo a mellora das capacitacións profesionais dos asistentes que deban ser maiores de 16 anos. Trátase dun dos ciclos formativos máis demandados na comarca xa que esta acreditación é necesaria para traballar en empresas da construción ou para xestionar todo tipo de almacéns.
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de entrada no rexistro do Concello de Pazos de Borbén tendo preferencia os solicitantes que estean empadroados no municipio. Tanto o horario como o lugar das clases determinaranse despois de pechar o prazo de inscrición para facilitar a asistencia de todos os participantes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará