Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Cesantes apoian a decisión de Fomento de prohibir o tráfico pesado pola N-550

RR_Noticias

O Ministerio de Fomento estuda a posibilidade de prohibir a circulación de camións por diferentes estradas nacionais, entre elas a N-550. A decisión obrigaría aos transportistas a utilizar a autoestrada AP-9 cunha rebaixa na peaxe. A alternativa gusta aos veciños de Cesantes, que evitarían o tráfico pesado que atravesa a parroquia, e que segundo denuncian supón un perigo constante para os peóns.

A N-550 atravesa O Viso, Cesantes, Redondela, Quintela e Saxamonde. En Cesantes, unha parroquia cunha alta densidade de poboación ao carón da estrada nacional, amósanse satisfeitos co anuncio. Nesta zona o tránsito de camións de gran tonelaxe é constante, e resulta perigoso segundo os veciños. Non agochan a súa satisfacción pola noticia, están completamente a favor de que Fomento retire os camións de gran tonelaxe desta estrada. Segundo Bienvenido, este transporte pesado “deteriora” a N-550 e a calidade de vida dos seus veciños. Ademais estrada non conta coas dimensións necesarias para que o paso destes camións sexa seguro, “cun único carril en cada sentido e unha beiravía moi estreita”. Co agravante de que os camioneiros non respectan o límite de velocidade establecido en 50 quilómetros por hora. Como conta Mari, non só é un perigo constante para os peóns, senón tamén unha molestia continua “polo forte ruído” que teñen que soportar os que residen pegados a esta estrada. O tráfico é constante neste tramo da estrada nacional. José Veiga entende que Fomento “debería darlle unha solución”. A alternativa é que circulen pola autoestrada AP-9, pero os transportistas néganse “polo elevado custe da peaxe”. O ministerio de Ana Pastor propón facerlles unha rebaixo do 50% no prezo. Para os veciños sería unha solución xusta. Pero a proposta non convence a todos. Bienvenido afirma que a autoestrada “xa está amortizada”, e afirma que a peaxe debería ser de balde “para todos os usuarios”. Para o CEIP Outeiro das Penas, colexio situado tamén á beira da N-550, eliminar o tráfico pesado sería “un alivio” para os alumnos e as súas familias. Pero os camións non son o único problema. A presidenta da ANPA, Nuria Rodríguez, sinala que a contorna do colexio “non é segura”, ao carecer de pasos de peóns ou semáforos que permitan o acceso dos alumnos sen perigo.  

Bienvenido veciño de Cesantes
O tráfico de camións é un perigo nesta estrada que non conta co ancho necesario.
O tráfico pesado é constante
José Veiga entende que Fomento debería dar unha solución a este problema de seguridade.
Perigo e ruído contínuo
Esa veciña padece o tráfico de gran tonelaxe e o forte ruído que ocasiona continuamente.
Jose Antonio mariñeiro de Cesantes
Este veciño defende a alternativa de Fomento de ofrecer rebaixas na peaxe aos transportistas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará